quinta-feira, 27 de abril de 2017

O negócio das farmacéuticas: principal obstáculo para a saúde mundial


Jacobo A. García


Recentemente fomos testemuñas do escandaloso caso da Hepatite C en Galicia, que se repite noutros países desenvolvidos. Pero non hai comparación cos países máis pobres, onde morren millóns por non poder pagar os medicamentos, cuxos prezos están inflados.


En Abril do año pasado coñecíamos que a Fiscalía imputaba a altos cargos do goberno galego por non administrar a tempo o medicamento da Hepatite C a 6 enfermos que acabaron perdendo a súa vida.

La escusa que declararon aos médicos que os receitaron, e presentaron numerosos informes e queixas, era que o medicamento era moi caro. Sabemos que isto é parte da verborrea dos gobernos comprometidos en pagar estritamente a débeda, e que ese medicamento era asumible polo Estado. Do mesmo xeito que tamén é certo que as farmacéuticas actúan xunto cos gobernantes para impor prezos abusivos aos seus novos produtos, aproveitándose daqueles que os necesitan para sobrevivir.

Neste senso, o colombiano Germán Velásquez, que abandonou en 2010 a Organización Mundial da Saúde (OMS) denuncia o control que nela exercen as grandes compañías farmacéuticas. Con motivo da Semana Galega de Filosofía, en Pontevedra, este ano dedicada ao tema da saúde, Velásquez foi o poñente principal da segunda xornada.

Velásquez destacou que grandes laboratorios foron gañando poder económico e político nas últimas décadas, rematando por seren "empresas financieiras que secundariamente producen bens de consumo que poden curar". Ademais, tamén destacou que a base do problema son as patentes, que se introduciron hai só 20 años nos produtos farmacéuticos, coincidindo coa fundación da Organización Mundial do Comercio.

"Nos dous últimos anos -afirma-… por primeira vez na historia hai un medicamento -o tratamento contra a Hepatite C- que os países máis desenvolvidos non conseguen pagar, ben sexan os seguros públicos en Europa Occidental, ben os seguros privados nos Estados Unidos. Isto xa é un problema global que afecta a todo o mundo."

Debemos matizar que por máis que os países desenvolvidos non podan pagar o coste, o que acontece é que non están dispostos a asumir esas perdas, debido aos compromisos de débeda en Europa Occidental, e a que as compañías privadas nos Estados Unidos non poderían seguir aumentando os seus beneficios. Aínda así, o fraude das farmacéuticas é de proporcións bíblicas.

Para facernos a unha idea, Gilead sacou o medicamento Sovaldi cun prezo de 84 mil dólares, cando o seu coste de fabricación real foi de 60 dólares. O Estado español chegou ao acordo de pagar 13 mil dólares por persoa despois dunha dura negociación. En países como Francia sitúase en 41 mil euros e en Alemaña 50 mil euros. Nos Estados Unidos a industria farmacéutica ten uns beneficios do 17%, mentres que o resto de sectores está como máximo no 3,1%.

Estas empresas xigantescas case sempre teñen a súa sede en paraísos fiscais e producen en países como Tailandia, onde os costes da mano de obra son moito menores. Extorsionan e chantaxean aos gobernos, que ben por coacción ou por pura corrupción acaban cedendo, coas penosas consecuencias para millóns de seres humanos. En moitos casos financian campañas electorais, comprando literalmente aos gobernantes, para obter leis ad hoc aos seus intereses.

https://gz.diarioliberdade.org/
 

Sem comentários: